Aquí poderás atopar todos os servizos do aeroporto

Zona de Chegadas

ZONA DE CHEGADAS

Control de pasaportes

Ao desembarcar do avión, sigue as indicacións para pasar o control de pasaportes e acceder á sala de recollida de equipaxes e á aduana.

Se o teu voo procede dun país non Schengen deberás pasar polo control de pasaportes. Podes obter máis información sobre os requisitos de entrada en España na páxina do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación.

ZONA DE CHEGADAS

Recollida de equipaxes

Tras desembarcar, sigue as indicacións para chegar á sala de recollida de equipaxes. Se facturaches en orixe equipaxe, mira nas pantallas o número de fita asignado ao teu voo. O aeroporto dispón de tres fitas de recollida.

En caso de perda ou deterioración da equipaxe acode ao mostrador da compañía aérea ou do seu axente handling no aeroporto.

ZONA DE CHEGADAS

Aduana

O servizo de aduanas do aeroporto encóntrase situado na sala de recollida de equipaxes (teléfono: 981 187 275).

Se procedes dun país que non é membro da UE terás que valorar se debes declarar os bens que transportas na túa equipaxe e pasar polo control de aduanas do aeroporto: alimentos, equipos electrónicos de alto valor, cantidades superiores a 10000 €, etc. son algunhas dos produtos que debes declarar. En caso de dúbida, consulta no mesmo control de aduanas.