Visitas culturais | Aeroporto de A Coruña | Aena

Visitas guiadas

O Aeroporto de A Coruña organiza visitas guiadas ás súas instalacións dirixidas a todos os colectivos escolares que queiran percorrer o recinto, coñecer as técnicas e métodos de navegación –o seu instrumental e os seus técnicos- e as características dunha instalación aeroportuaria.

O Aeroporto de A Coruña abrirá as súas portas aos escolares, a través das visitas de alumnos de Primaria ás súas instalacións. Con estas visitas preténdese achegar os estudantes de primaria da Coruña e a súa bisbarra ás actividades que se desenvolven no aeroporto, tanto nos puntos estratéxicos do percorrido dun pasaxeiro coma en dependencias menos coñecidas polos usuarios, como os servizos de Control de Fauna ou de Extinción de Incendios.

As visitas, que se desenvolverán a partir do mes de outubro, realizaranse unha vez ao mes cunha duración de dúas horas, durante as cales os estudantes coñecerán o labor dos distintos colectivos que traballan no aeroporto e que garanten a operatividade e seguridade de Alvedro, e o valor estratéxico como dinamizador económico e social que ten un aeroporto na súa zona de influencia.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 30 de xuño e, no caso de que haxa máis solicitudes que o número de oito visitas fixada polo aeroporto, realizarase un sorteo. O límite de alumnos de cada colexio virá imposto pola capacidade do autobús e só se permitirá unha visita por colexio.

Os colexios participantes nas visitas poderán participar no concurso de debuxos para premiar os mellores traballos sobre a actividade do aeroporto. Os devanditos debuxos expoñeranse no Edificio Terminal ao finalizar o curso escolar.

Contacto webmaster.lcg@aena.es

Os colexios que estean interesados en visitar o aeroporto, deben enviar un correo electrónico, indicando o curso que vai realizar a visita e o número aproximado de alumnos, dende o correo oficial do colexio, así como os datos de contacto do centro.

Logo Aena