Contacta connosco | Aena

Contacto

Se desexas obter información sobre:

  • Horarios de voos.
  • Información sobre as instalacións dos nosos aeroportos e os servizos que neles se prestan (filtros de seguridade, salas VIP, aparcadoiros...) e as empresas ou entidades e comerciais que operan neles.

Diríxete ao noso Servizo de Información e Atención ao Cliente: (+34) 913 211 000

Se tes unha discapacidade auditiva, podes poñerte en contacto connosco a través de WhatsApp:

 

Consultas, felicitacións e suxestións

Se tes algunha consulta que se refira ás instalacións dos nosos aeroportos e os servizos que neles se prestan (filtros de seguridade, salas VIP, aparcadoiros...), e ás empresas ou entidades e comerciais que operan neles, podes chamarnos o teléfono de información (34) 913 211 000 ou enviala a través do seguinte formulario:

Reclamacións e queixas

Envíanos calquera reclamación ou queixa que se refira ás instalacións e servizos dos aeroportos (limpeza, servizo de información etc.), e ás empresas ou entidades oficiais e comerciais que operan neles.

Aena carece de competencias para tratar as seguintes reclamacións ou consultas:

Incidencias coa equipaxe. Na seguinte ligazón encontrarás toda a información sobre que facer nestes casos: https://www.aena.es/es/pasajeros/equipajes-controles/equipaje-facturado/incidencias-con-equipajes.html.

Atraso ou cancelación de voo ou solicitude de hora de saída ou chegada deste. Diríxete á compañía aérea en primeiro lugar. Na seguinte ligazón tes toda a información: https://www.aena.es/es/pasajeros/viajeros/incidencias-en-tu-viaje.html.