Accesibilidade web | Aena

Accesibilidade

Accesibilidade

Aena S.M.E., S.A. traballa para poñer ao alcance dos seus usuarios unha canle de comunicación accesible, inclusiva e adaptada ás necesidades de todas as persoas, co obxectivo de eliminar barreiras dixitais e facilitar o acceso universal á información e aos servizos dispoñibles no seu sitio web.

Este esforzo alíñase co establecido no Real decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, así como coa Lei 11/2023, de 8 de maio, que incorpora ao ordenamento xurídico español a Directiva (UE) 2019/882 do Parlamento Europeo e do Consello, relativa aos requisitos de accesibilidade dos produtos e servizos. Ademais, séguense os criterios técnicos definidos pola norma UNE-EN 301549:2022 e as recomendacións da Guía para a edición e publicación de páxinas web da Administración Xeral do Estado.

Actualmente, o noso sitio web atópase en proceso de adaptación para cumprir cos requisitos de accesibilidade establecidos na norma UNE-EN 301549:2022, en base ás directrices de accesibilidade para o contido web WCAG 2.1, nivel AA.

Pautas WAI

Aena traballa para que os contidos da súa páxina web sexan validados coa certificación Dobre A, segundo as recomendacións indicadas pola WAI (Web Accessibility Iniciative), grupo de traballo internacional pertencente ao W3C (World Wide Web Consortium) que vela para que ningún colectivo sufra discriminacións de ningún tipo que poidan ser causa de fracturas sociais no mundo virtual.

Neste sentido, as técnicas empregadas no portal de Aena encaixan co que a WAI indica, tanto para o marcado XHML coma para o CSS, coas excepcións dos documentos PDF, o subtitulado e a audiodescrición de todos os vídeos e o reprodutor multimedia utilizado.

Contacto

Na actualidade estamos a traballar para mellorar a accesibilidade en todas as páxinas do portal. Se observas algunha anomalía, non teña reparo en poñerse en contacto connosco mediante o enderezo de correo electrónico: webpublica@aena.es.