Aviso legal

CONDICIÓNS XERAIS DE UTILIZACIÓN DO SITIO WEB DE AENA SME, S.A.

1. Obxecto

Aena SME, S.A. crea e actualiza o sitio identificado co nome de dominio www.aena.es, co fin de que a información que contén sexa de uso público.

O acceso e navegación por este sitio web supón o coñecemento e aceptación sen reservas de toda a información legal e condicións de utilización do mesmo.

As presentes condicións xerais teñen por obxecto regular o acceso, navegación e uso deste sitio web, pero, independentemente das mesmas, Aena SME, S.A. poderá establecer unhas condicións particulares que regulen a utilización e/ou contratación de servizos específicos ofrecidos a través deste. No caso de existir discrepancia sobre o estipulado entre as condicións xerais e as condicións particulares dun determinado servizo, prevalecerá o disposto nestas últimas.

Datos de contacto de Aena SME, S.A.:
Enderezo: Peonías, 12. 28042, Madrid.
C.I.F: A86212420
Teléfono de contacto: (+34) 91 321 10 00

Aena SME, S.A. está inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 28 806, folio 211, sección 8, folla M-518648.

2. Ámbito de aplicación

O presente aviso legal regula o uso do servizo do portal de Internet www.aena.es que Aena SME, S.A. pon á disposición dos usuarios de Internet.

Aena SME, S.A. ten personalidade xurídica propia e diferenciada da do Estado, plena capacidade xurídica e de actuar para o cumprimento dos seus fins, ademais de patrimonio propio.

3. Exclusión de Responsabilidade

Aena SME, S.A. realiza os máximos esforzos para evitar calquera erro nos contidos que puidesen aparecer neste sitio web.

Aena SME, S.A. non garante a exactitude nin a posta ao día da información que se poida obter deste, a cal poderá ser modificada sen aviso previo.

Aena SME, S.A. non asume ningunha responsabilidade derivada do uso por terceiros do contido deste sitio.

Todas as informacións contidas (cítanse a título de exemplo, e sen ánimo exhaustivo, as relativas a horarios de voos, licitacións, planos, ofertas de emprego, etc.) teñen unicamente carácter informativo. A información que se ofrece non é necesariamente exhaustiva, completa, exacta ou actualizada. No caso de licitacións e textos legais non se garante a reprodución exacta do texto adoptado oficialmente. Unicamente se consideran auténticos os textos publicados nas edicións impresas dos boletíns oficiais correspondentes ou na prensa.

A información facilitada por Aena SME, S.A. é de carácter xeral e non supón asesoramento profesional ou xurídico ningún.

Aena SME, S.A. realizará os seus mellores esforzos para que o Portal non sufra interrupcións, pero non pode garantir a ausencia de fallos tecnolóxicos, nin a permanente dispoñibilidade do Portal e dos servizos contidos nel e, en consecuencia, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos que se poidan xerar pola falta de dispoñibilidade e polos fallos no acceso ocasionados por desconexións, avarías, sobrecargas ou caídas da rede non imputables a Aena SME, S.A.

Aena SME, S.A. non garante a ausencia de virus ou outros elementos que poidan alterar o seu sistema informático. Aena SME, S.A. exclúe calquera responsabilidade por danos e perdas de calquera natureza derivados dos devanditos virus ou elementos lesivos.

4. Subscrición de servizos

Con carácter xeral o acceso ás utilidades do sitio web non esixe subscrición previa ou rexistro de usuario. Non obstante o anterior, o acceso a algún dos servizos que se ofrezan a través do sitio web, pode estar condicionado a encher previamente o formulario de subscrición. A estes efectos o usuario garante a autenticidade e veracidade de todos aqueles datos que comunique ao cumprimentar o/os formulario/s de subscrición. O usuario comprométese e responsabilízase de manter toda a información facilitada de forma que responda, en cada momento, á súa situación real.

Se como consecuencia do rexistro, se dotase ao usuario dun contrasinal, este comprométese a facer un uso dilixente e a manter en segredo o contrasinal para acceder a estes servizos. En consecuencia, os usuarios son responsables da adecuada custodia e confidencialidade de calquera identificador e/ou contrasinal que lle sexan subministrados por Aena SME, S.A., e comprométense a non ceder o seu uso a terceiros, xa sexa temporal ou permanente, nin a permitir o seu acceso a persoas alleas. Será responsabilidade do usuario a utilización ilícita dos servizos por calquera terceiro ilexítimo que empregue a tal efecto un contrasinal a causa dunha utilización non dilixente ou da perda da mesma polo usuario.

5. Dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial

© Aena SME, S.A., 2018.

Aena SME, S.A. é titular dos dereitos de propiedade intelectual e industrial deste sitio web, así como do seu contido.

Os textos, deseños, imaxes, bases de datos, logos, estrutura e demais elementos deste sitio están protexidos polas leis e os tratados internacionais sobre propiedade intelectual. Calquera reprodución, transmisión, adaptación, tradución, modificación, comunicación ao público, ou calquera outra explotación de todo ou parte do contido deste sitio, efectuada de calquera forma ou por calquera medio, electrónico, mecánico ou outro, están estritamente prohibidos agás autorización previa por escrito de Aena SME, S.A. Calquera infracción destes dereitos pode dar lugar aos procedementos xudiciais que correspondan.

6. Vínculos ou enlaces hipertextuais co sitio web

Os Usuarios ou os titulares doutros sitios web que pretendan crear unha ligazón de hipertexto (en diante link) ao sitio web, deberán asegurar e comprometerse ao respecto das regras de Aena SME, S.A. sobre ligazóns na Rede.

  • link soamente se poderá dirixir á Páxina Principal ou Home de www.aena.es, agás autorización expresa e por escrito de Aena SME, S.A.
  • link debe ser absoluto e completo, é dicir, debe levar ao usuario, mediante un clic, ao propio enderezo URL http://www.aena.es e debe abranguer completamente toda a extensión da pantalla da Páxina Principal de www.aena.es. En ningún caso, agás que Aena SME, S.A. o autorice de xeito expreso e por escrito, o sitio web que realiza o enlace poderá reproducir, de calquera xeito, www.aena.es, incluílo como parte da súa web ou dentro dun dos seus "frames" ou crear un "browser" sobre calquera das páxinas de www.aena.es.
  • Aena SME, S.A. non autoriza o establecemento dunha ligazón a www.aena.es dende aqueles sitios web que conteñan materiais, información ou contidos ilícitos, ilegais, degradantes, obscenos e, en xeral, que contraveñan a moral, a orde pública ou as normas sociais xeralmente aceptadas.
  • Aena SME, S.A. recomenda ao sitio web interesado en realizar unha ligazón a www.aena.es o uso do logotipo da marca Aena SME, S.A. para ilustrar o link.

En calquera caso, a inclusión de vínculos ou ligazóns ao sitio web por parte doutros sitios web non implica que Aena SME, S.A. manteña vínculos ou asociación de ningunha clase co titular da web na que se estableza o link, nin que Aena SME, S.A. promova, avale, garanta ou recomende os contidos dos devanditos portais ou sitios web.

Pola súa banda, o sitio web de Aena SME, S.A. pode conter vínculos ou ligazóns con outros portais ou sitios web non xestionados por Aena SME, S.A. Aena SME, S.A. declina toda responsabilidade pola información contida nos devanditos portais ou sitios web aos que se poida acceder por ligazóns ou buscadores das páxinas web de Aena SME, S.A. A presenza de ligazóns nas páxinas web de Aena SME, S.A. ten finalidade simplemente informativa.

7. Restricións de acceso

Aena SME, S.A. resérvase o dereito a denegar discrecionalmente, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, o acceso de calquera usuario a este sitio web ou a algunha parte deste.

8. Dereito aplicábel e xurisdición competente

O uso dos elementos deste sitio implica a aceptación das advertencias legais aquí expresadas e, en especial, de que os conflitos relativos a este sitio se rexerán exclusivamente polo Dereito español, sendo os Xulgados e Tribunais españois os únicos competentes.

9. Modificación das presentes condicións e advertencias

Aena SME, S.A. resérvase o dereito a modificar as condicións e advertencias aplicables a este sitio web.

10. Servizos específicos

  1. Información de voos

    A información de voos contida nesta web é a máis actualizada da que se dispón. Está baseada nos datos confirmados de operación e as estimacións proporcionadas a Aena SME, S.A. polas compañías aéreas.

    Aena SME, S.A. realiza os máximos esforzos para asegurar a súa fiabilidade e actualización inmediata. Non obstante, se desexa máis información dun voo en particular, consulte coa compañía aérea.

    Para información sobre as horas de facturación e o tempo de antelación á hora programada de saída, recomendámoslle que consulte coa liña aérea que opera o voo.

    Se é vostede pasaxeiro ou acompañante e consulta a web antes de dirixirse ao aeroporto, teña en conta que a información de voos se actualiza en tempo real e que pode variar durante o seu desprazamento. Por favor, consulte coa súa compañía aérea para confirmar estes datos.

    Teña en conta tamén que todas as horas que se amosan son horas locais.

    Aena SME, S.A. non se fai responsábel dos danos ou prexuízos derivados, directa ou indirectamente, do uso da información de voos deste sitio web.

  2. Contratación de provedores e contratación comercial

    Aena SME, S.A. proporciona ao público en xeral, no seu sitio web, información sobre as licitacións en curso, así como as actuacións en materia de contratación.

    Todos os datos, documentos e informacións contidas teñen un carácter simplemente informativo. Só os textos publicados no Boletín Oficial do Estado, Diario Oficial das Comunidades Europeas e outros medios de comunicación se consideran auténticos.

    Aena SME, S.A. non asume responsabilidade ningunha polas accións que poidan levar a cabo os particulares sobre a base da información contida nestas páxinas.

  3. Aena emprego

    Aena SME, S.A. proporciona, no seu sitio web, a posibilidade de coñecer e participar nas convocatorias de emprego de Aena SME, S.A., así como información sobre as ocupacións que se desempeñan en Aena SME, S.A.