Zona de saídas | Aeroporto de A Coruña | Aena

Aquí poderás atopar todos os servizos do aeroporto

Zona de Saídas

Zona de saídas no Aeroporto de A Coruña

ZONA DE SAÍDAS

Facturación

Os mostradores de facturación encóntranse na planta baixa da terminal.

Preséntate con suficiente antelación no aeroporto para evitar imprevistos. Para voos con destino ao espazo Schengen recomendamos presentarse hora e media antes da hora programada de saída. A terminal de pasaxeiros abre as súas portas ás 5.00 h e pecha á 1.00 h de luns a domingo.

A maioría de aeroliñas permiten realizar o check-in online a través dos seus sitios web antes de ir ao aeroporto. Obterás a túa tarxeta de embarque e poderás pasar directamente polos filtros de seguridade se só levas equipaxe de man.

Lembra que debes imprimir todos os teus documentos de viaxe (billete electrónico, tarxeta de embarque, etc). Ten en conta que algunhas compañías aplican unha recarga pola reemisión da tarxeta de embarque no aeroporto.

Coa facturación online móbil podes realizar o check-in e recibir a tarxeta de embarque na túa terminal móbil a través de correo electrónico, SMS ou aplicacións para dispositivos móbiles. Se non tes que facturar podes acudir directamente ao control de seguridade.

ZONA DE SAÍDAS

Control de seguridade

Todos os pasaxeiros deben pasar o control de seguridade para acceder á zona de embarque atravesando un arco detector de metais e pasando a súa equipaxe de man e o resto dos obxectos que leven consigo (abrigos, chaquetas, móbiles, chaves, etc.) por un equipo de raios x.

Antes de pasar o control de seguridade, solicitarase ao pasaxeiro a súa tarxeta de embarque.

Para facilitar o paso dos obxectos polo escáner, especialmente no caso de artigos pequenos, débense utilizar as bandexas especiais que hai a disposición dos usuarios.

O aeroporto conta cun Fast Lane (carril rápido) á disposición das compañías para uso dos seus pasaxeiros preferentes e de todos os pasaxeiros que compren un acceso.

ZONA DE SAÍDAS

Control de pasaportes

Se o destino do teu voo é un país non pertencente ao espazo Schengen, deberás pasar o control de documentación.

O documento básico de viaxe é o pasaporte, se ben se pode viaxar a algúns países co DNI. Algúns países esixen así mesmo visado, certificado de vacinas, pasaporte en vigor ata 6 meses despois da data de chegada, etc. Consulta coa túa compañía.

ZONA DE SAÍDAS

Embarque

Unha vez superado o control de seguridade, busca nas pantallas do aeroporto a túa porta de embarque. Mentres esperas, dispós dunha tenda libre de impostos e unha cafetaría.

Na porta de embarque deberás mostrar ao persoal da compañía a documentación correspondente para verificar a túa identidade. Consulta así mesmo coa túa compañía a documentación válida para presentar o seu persoal.

As portas de embarque están situadas na planta baixa e na planta alta:

Logo Aena