Asistencia Sen Barreiras | Aeroporto de Vigo | Aena

Servizo de asistencia Sen Barreiras no Aeroporto de Vigo

En que consiste o servizo

Os aeroportos de Aena ofrécenche un servizo de asistencia para persoas con mobilidade reducida (PMR) ou discapacidade para facilitarche a túa estadía antes e despois do voo.

A quen está dirixido

Pasaxeiros cuxa mobilidade estea limitada por discapacidade física ou psíquica (sensorial ou locomotiva, permanente ou temporal), idade avanzada ou calquera causa de discapacidade que requira especial atención. O Servizo sen barreiras non é un servizo de garda e custodia. Lembra que para prestar o servizo é imprescindible que os seguintes pasaxeiros viaxan acompañados:

  • Menores
  • Persoas que non son autosuficientes (exemplo: persoas con alzhéimer...)

Como reservar

É necesario solicitar a asistencia polo menos 48 horas antes da saída do teu voo para garantir a calidade na prestación do servizo:

  • Ao facer a túa reserva ou adquirir o billete a través do teu axente de viaxes ou compañía aérea.*
  • Adicionalmente, a través da nosa web, da app oficial de Aena ou do teléfono (+34) 91 321 10 00 (válido exclusivamente nos aeroportos da rede de Aena).

*As aeroliñas poden establecer limitacións para transportar o teu equipo de mobilidade. Se viaxas coa túa propia cadeira/moto eléctrica, recomendámosche que consultes coa túa compañía aérea.

No aeroporto

Recoméndase acudir dúas horas e media antes da saída do voo*. Avisa da túa chegada no mostrador de facturación da túa aeroliña, no mostrador de asistencia PMR ou utilizando os monolitos, alí recollerémoste.

*O tempo mínimo para acudir ao punto de encontro é de dúas horas antes da saída do voo. Se o voo é a primeira hora consulta o horario de apertura da terminal.

Asistente de información

No aeroporto de saída de Aena

Un asistente recollerate no punto de encontro que seleccionases, axudándoche coa túa equipaxe.

Acompañarate ao mostrador de facturación, e facilitarache os trámites necesarios para facturar.

Acompañarate á zona de embarque, pasando os controis pertinentes.

Embarcará no avión e deixarate no teu asento.

No aeroporto de chegada de Aena

Un asistente irá recollerte ao teu asento para realizar o desembarque do avión e axudarate coa equipaxe de man.

Se facturaras equipaxe, levarate á sala de recollida, pasando os controis necesarios, e dende alí, levarate ata un punto de encontro.

Nos tránsitos e conexións

Un asistente axudarate en todo o necesario para realizar con éxito o tránsito ou a conexión, incluíndo, se procede, manobras de embarque, desembarque, traslados pola terminal, etc.

Logo Aena