Presentación | Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro | Aena

O Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro está situado a uns dez quilómetros ao nordés da cidade, nos termos municipais de Santiago de Compostela, O Pino e Boqueixón, provincia da Coruña.

En outubro de 2011 o Ministerio de Fomento, a través de Aena, puxo en servizo unha nova infraestrutura que multiplica a capacidade, a operatividade e mellora a calidade dos servizos do aeroporto. A nova terminal, o novo aparcamento, os novos viais e accesos, xunto á ampliación da plataforma de estacionamento de aeronaves, a nova central eléctrica e a nova torre de control permiten atender 5 millóns de pasaxeiros coas máximas garantías de seguridade, calidade e servizo.

  • 3.537.447
  • pasaxeiros en 2023
  • 25.903
  • operacións en 2023
  • 4.818
  • toneladas de mercadorías en 2023
Logo Aena