Premio Aena de Narrativa
Nace o Premio Aena de Narrativa
A primeira edición do Premio Aena de Narrativa nace para impulsar a creación literaria, fomentar a lectura e fortalecer o vínculo entre a literatura e a sociedade.
O galardón recoñece obras de narrativa publicadas en lingua española e nas linguas cooficiais que destaquen pola súa calidade literaria, orixinalidade e achega cultural, e está dotado con 1.000.000 euros para a obra gañadora e 30.000 euros para cada finalista.
Paralelamente ao Premio, impulsaranse accións de fomento da lectura e de diálogo literario en España e Hispanoamérica para visibilizar a diversidade literaria, promover a circulación de autores e autoras e fomentar un diálogo enriquecedor entre ambos continentes.
Datas clave
Como se escolle a obra gañadora
Un equipo de preselección composto por profesionais do xornalismo cultural e literario, ou perfís similares, de España e Hispanoamérica proporá, entre todas as obras de narrativa escritas en español e nas linguas cooficiais e publicadas en 2025, unha primeira listaxe de cinco finalistas. Esa selección comunicaráselle ao xurado.
Cada membro do xurado, composto por profesionais de recoñecido prestixio no ámbito literario, editorial ou académico do universo cultural e literario español e hispanoamericano, poderá propoñer unha obra adicional ás preseleccionadas, que se incorporará ás propostas polo equipo de preselección. De entre todos estes títulos, o propio xurado escollerá as cinco obras finalistas mediante unha votación que se celebrará no mes de marzo. Finalmente, o xurado decidirá cal delas é a merecedora do Premio na gala que se celebrará o 8 de abril en Barcelona.
Finalistas
Crónica dun episodio violento vivido polo propio autor en Ucraína, o que o leva a enfrontarse de novo aos efectos devastadores da violencia e da guerra; a indignación pola morte dos inocentes; a culpa e o estupor de quen non caeu… e o seu impulso inaprazable de contar o presenciado.
A autora cruza con audacia a memoria e a imaxinación para entender a historia recente de Chile, mergullándose en zonas que semellan saír dos límites terrais, nas que o espazo e o tempo non son tan claros: a narradora visita a Mauricio Hernández no cárcere para facerlle preguntas, convocando varios personaxes co fin de entender como foi a súa convulsa traxectoria.
Historia de como se coñecen os avós maternos do autor no verán de 1931 nunha vila costeira de Galicia e, ao tempo, unha reflexión sobre os afectos, a memoria, as ataduras da herdanza e a propia escritura.
Libro de relatos cuxos personaxes, vulnerables e profundamente humanos, están atrapados nese intre no que o estraño asoma ás súas vidas para transformalas, deixando a algúns en pé fronte á dor, a outros dialogando coa culpa ou a tenrura, e a todos atravesados pola incerteza.
O protagonista desta historia seleccionou 71 libros nun cuarto escuro da súa casa coa idea de escribir un canon desprazado, disidente dos oficiais. Cada mañá escolle un ao azar e saca á luz un fragmento con destino ao Canon, pero a súa lectura inflúe na súa vida e tamén na súa escritura.
Xurado
Escritora e xornalista. Premio Nacional de Xornalismo e Premio Nacional das Letras en España. Oficial das Artes e das Letras de Francia. A súa obra está traducida a uns trinta idiomas. É unha das principais columnistas do xornal El País.
Escritora e tradutora. Premio Nacional de Narrativa, Premio da Crítica, Premio Francisco Umbral ao Libro do Ano e Premio Cálamo Otra Mirada. Traduciu obras de Penelope Fitzgerald, John Fowles e Iris Murdoch, entre outros. Tamén é editora en Impedimenta.
Escritor, filólogo e tradutor. Premio Nacional de Poesía, Premio Nacional de Tradución e Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana. Académico da Real Academia de la Historia, vogal do padroado do Museo del Prado e membro do xurado do Premio Princesa de Asturias das Letras.
Xornalista, escritor e analista político. Entre os recoñecementos recibidos están a Cruz da Orde de Isabel a Católica, o Premio Nadal de Novela e o Premio Martín Fierro (2016, 2019 e 2024). Presenta programas en Radio Mitre e é columnista en La Nación.
Escritora, xornalista e editora. Publica en diversos medios latinoamericanos e españois. Premio da Fundación Novo Xornalismo Iberoamericano e Premio de Xornalismo Manuel Vázquez Montalbán, entre outros. Membro do Consello Reitor da Fundación Gabo, onde é mestra de crónica.
Poeta e escritor. Prix Écureuil de Littérature Étrangère. Mention Spéciale du Jury Prix Mediterranée. Prix Laure Bataillon.
Novelista, dramaturgo e autor de contos. Premio Tusquets de Novela e Premio Nacional de Literatura José Fuentes Mares (México). É profesor da Universidad Autónoma de Sinaloa e membro da Academia Mexicana de la Lengua desde 2012.
Xornalista e escritor. Director do suplemento ABC Cultural e xefe da área de Cultura do xornal ABC de Madrid. Membro da Asociación de Xornalistas de Investigación (API). Especializado en información sobre Historia e Patrimonio.
Xornalista, novelista e dramaturgo. Xefe de cultura de La Vanguardia desde 1987 e director do suplemento Culturals do devandito xornal. Premio Nadal e Premio Fernando Lara. Especialista en temas literarios e na historia da edición española.
Alianzas
Información de interés
Nota de prensa
Nace o Premio Aena de Narrativa Hispanoamericana á mellor obra publicada cunha dotación dun millón de euros.
Galería de fotos
Fotografías do evento de presentación do Premio Aena de Narrativa 2026