Chatbot de Aena | Asistente virtual do aeroporto
Máis que un chatbot
Acompáñote en cada etapa do teu paso polo aeroporto
Non sabes se che dá tempo a tomar un café antes de pasar o control?
Cóntoche o tempo estimado de espera en seguridade segundo o teu voo e a terminal desde a que viaxas.
Descubre como che podo axudar!
Axúdoche cos teus voos e conexións
Recibe información actualizada do teu voo e instrucións personalizadas para as túas conexións baseadas nos teus horarios reais de chegada e saída. Tamén podo orientarte polo aeroporto.
Axúdoche coa túa equipaxe
Viaxa sen preocupacións! Comproba ao instante o que está permitido levar na túa equipaxe, para que poidas facer as maletas de forma intelixente e voar con seguridade.
Axúdoche a chegar con tempo
Non sabes se che dá tempo a tomar un café antes de pasar o control? Cóntoche o tempo estimado de espera en seguridade segundo o teu voo e a terminal desde a que viaxas.
Axúdoche coa reserva do teu parking
Xestiona facilmente a reserva da túa praza nos aparcadoiros oficiais de Aena con total comodidade e seguridade.
Axúdoche cos servizos do aeroporto
Tes fame ou queres algo rápido antes do voo? Recoméndoche restaurantes e cafeterías próximas á túa porta, segundo os teus gustos ou o tempo que che queda.
Axúdoche con alertas meteorolóxicas
Infórmote sobre posibles atrasos ou cambios derivados do clima, para que poidas anticiparte e viaxar con tranquilidade.