Aviso legal | Aena

Aviso legal

CONDICIÓNS XERAIS DE UTILIZACIÓN DO SITIO WEB DE AENA SME, S.A.

1. Obxecto

O presente Aviso Legal («Aviso Legal») regula o uso do sitio identificado co nome de dominio www.aena.es, así como o resto de dominios descritos no punto 14 deste Aviso Legal (os «Portais»), creados e actualizados pola sociedade mercantil estatal Aena, S.M.E., S.A., co fin de que a información que conteñen sexa de uso público.

O acceso e navegación por estes sitios web supón o coñecemento e aceptación sen reservas de toda a información legal e condicións de utilización.

As presentes condicións xerais teñen por obxecto regular o acceso, navegación e uso destes sitios web, pero, independentemente delas, Aena S.M.E, S.A. poderá establecer unhas condicións particulares que regulen a utilización e/ou contratación de servizos específicos ofrecidos a través destes. No caso de existir discrepancia sobre o estipulado entre as condicións xerais e as condicións particulares dun determinado servizo, prevalecerá o disposto nestas últimas.

2. Ámbito de aplicación

O Aviso Legal regula o uso do servizo do portal de Internet www.aena.es que Aena, S.M.E., S.A. pon á disposición dos usuarios de Internet, así como o resto de dominios recollidos no punto 14.

Aena, S.M.E., S.A constitúese como unha sociedade mercantil estatal con forma anónima, das previstas no artigo 166 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas e 111 da Lei 40/2015 de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, cuxo obxecto social consiste, entre outros, na ordenación, dirección, coordinación, explotación, conservación, administración e xestión dos aeroportos de interese xeral e dos heliportos xestionados por Aena, S.M.E., S.A. e dos servizos afectos a eles.

Datos de contacto de Aena, S.M.E., S.A.:

Enderezo: R/ Peonías, 12. 28042, Madrid.
C.I.F: A86212420
Teléfono de contacto: (+34) 91 321 10 00
Correo electrónico: https://tramitesyreclamaciones.aena.es/consultas/#/

Aena. S.M.E., S.A. está inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, Tomo 28.806, Folio 211, Sección 8, Folla M-518648.

3. Exclusión de Responsabilidade

Aena, S.M.E., S.A. realiza os máximos esforzos para evitar calquera erro nos contidos que puidesen aparecer nos Portais, non obstante, non garante a exactitude nin a posta ao día da información que se poida obter deles, a cal poderá modificarse sen previo aviso.

Aena, S.M.E., S.A. non asume ningunha responsabilidade derivada do uso por terceiros do contido deste sitio.

Todas as informacións contidas (cítanse a título de exemplo, e sen ánimo exhaustivo, as relativas a horarios de voos, licitacións, planos, ofertas de emprego, etc.) teñen unicamente carácter informativo. A información que se ofrece non é necesariamente exhaustiva, completa, exacta ou actualizada. No caso de licitacións e textos legais non se garante a reprodución exacta do texto adoptado oficialmente. Unicamente se consideran auténticos os textos publicados nas edicións impresas dos boletíns oficiais correspondentes ou na prensa.

A información facilitada por Aena, S.M.E., S.A. é de carácter xeral e non supón ningún asesoramento profesional ou xurídico.

Aena, S.M.E., S.A. realizará os seus mellores esforzos para que os Portais non sufran interrupcións, pero non pode garantir a ausencia de fallos tecnolóxicos, nin a permanente dispoñibilidade dos Portais e dos servizos contidos nestes e, en consecuencia, non asume ningunha responsabilidade polos danos e perdas que se poidan xerar pola falta de dispoñibilidade e polos fallos no acceso ocasionados por desconexións, avarías, sobrecargas ou caídas da rede non imputables a Aena, S.M.E., S.A.

Aena, S.M.E, S.A. non garante a ausencia de virus ou outros elementos que poidan alterar o seu sistema informático e, polo tanto, exclúe calquera responsabilidade por danos e perdas de calquera natureza derivados dos devanditos virus ou elementos lesivos.

4. Subscrición de servizos

Con carácter xeral o acceso ás utilidades do sitio web non esixe subscrición previa ou rexistro de usuario. Non obstante o anterior, o acceso a algún dos servizos que se ofrezan a través do sitio web, pode estar condicionado a encher previamente o formulario de subscrición. A estes efectos o usuario garante a autenticidade e veracidade de todos aqueles datos que comunique ao cumprimentar o/os formulario/s de subscrición. O usuario comprométese e responsabilízase de manter toda a información facilitada de forma que responda, en cada momento, á súa situación real.

Se como consecuencia do rexistro, se dotase ao usuario dun contrasinal, este comprométese a facer un uso dilixente e a manter en segredo o contrasinal para acceder a estes servizos. En consecuencia, os usuarios son responsables da adecuada custodia e confidencialidade de calquera identificador e/ou contrasinal que lles subministre Aena, S.M.E., S.A., e comprométense a non ceder o seu uso a terceiros, xa sexa temporal ou permanente, nin a permitir o seu acceso a persoas alleas. Será responsabilidade do usuario a utilización ilícita dos servizos por calquera terceiro ilexítimo que empregue a tal efecto un contrasinal a causa dunha utilización non dilixente ou da perda da mesma polo usuario.

5. Dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial

O Usuario comprométese a utilizar os Portais, os Servizos e os Contidos postos a disposición dos Usuarios de conformidade coa lei, o presente Aviso Legal, as Condicións Particulares de certos Servizos e demais avisos, regulamentos de uso e instrucións postos no seu coñecemento, así como coa moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública. Para tal efecto, o Usuario absterase de utilizar calquera dos Servizos e/ou dos Contidos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos no presente Aviso Legal, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos Servizos, os equipos informáticos ou os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático (hacking ou pirataría informática) de Aena, S.M.E., S.A., doutros Usuarios ou de calquera usuario de Internet (hardware e software).

Aena, S.M.E, S.A. resérvase a posibilidade de exercer as accións xudiciais pertinentes contra os Usuarios que violen ou infrinxan o compromiso indicado no parágrafo precedente.

6. Vínculos ou enlaces hipertextuais co sitio web

Os Usuarios ou os titulares doutros sitios web que pretendan crear un enlace de hipertexto (en diante link) a los portales, deberán asegurar y comprometerse al respeto de las reglas de Aena, S.M.E., S.A. sobre enlaces en la Red.

  • O link solamente se podrá dirigir a la Página Principal o Home de www.aena.es, salvo autorización expresa y por escrito de Aena, S.M.E., S.A.
  • O link debe ser absoluto y completo, es decir, debe llevar al usuario, mediante un clic, a la propia dirección URL http://www.aena.es y debe abarcar completamente toda la extensión de la pantalla de la Página Principal de www.aena.es. En ningún caso, salvo que Aena, S.M.E., S.A. lo autorice de manera expresa y por escrito, el sitio web que realiza el enlace podrá reproducir, de cualquier manera, www.aena.es, incluirlo como parte de su web o dentro de uno de sus "frames" o crear un "browser" sobre cualquiera de las páginas de www.aena.es.
  • Aena S.M.E., S.A. non autoriza o establecemento dun enlace a www.aena.es dende aqueles sitios web que conteñan materiais, información ou contidos ilícitos, ilegais, degradantes, obscenos e, en xeral, que contraveñan a moral, a orde pública ou as normas sociais xeralmente aceptadas.

Calquera persoa física ou xurídica interesada na utilización do uso do logotipo da marca Aena, S.M.E., S.A, para ilustrar o link deberá solicitar autorización a través do seguinte enderezo de correo: imagencorporativa@aena.es

En calquera caso, a inclusión de vínculos ou ligazóns ao sitio web por parte doutros sitios web non implica que Aena S.M.E., S.A. manteña vínculos ou asociacións de ningunha clase co titular da web na que se estableza o link, nin que Aena S.M.E., S.A. promova, avale, garanta ou recomende os contidos dos devanditos portais ou sitios web.

Pola súa banda, o sitio web de Aena, S.M.E., S.A. pode conter vínculos ou ligazóns a outros portais ou sitios web non xestionados por Aena, S.M.E., S.A.

Aena, S.M.E., S.A. declina toda responsabilidade polas informacións contidas nos devanditos portais ou sitios web aos que se poida acceder por enlaces ou buscadores das páxinas web de Aena S.M.E., S.A. A presenza de ligazóns nas páxinas web de Aena, S.M.E., S.A. ten finalidade meramente informativa.

7. Restricións de acceso

Aena, S.M.E, S.A. resérvase o dereito a denegar discrecionalmente, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, o acceso de calquera usuario aos Portais ou a algunha parte destes.

8. Dereito aplicábel e xurisdición competente

© Aena, S.M.E., S.A., 2018.

Aena, S.M.E., S.A. é titular dos dereitos de propiedade intelectual e industrial dos Portais, así como do seu contido.

Os textos, deseños, imaxes, bases de datos, logos, estrutura e demais elementos deste sitio están protexidos polas leis e os tratados internacionais sobre propiedade intelectual. Calquera reprodución, transmisión, adaptación, tradución, modificación, comunicación ao público, ou calquera outra explotación de todo ou parte do contido deste sitio, efectuada de calquera forma ou por calquera medio, electrónico, mecánico ou outro, están estritamente prohibidos agás autorización previa por escrito de Aena S.M.E., S.A. Calquera infracción destes dereitos pode dar lugar aos procedementos xudiciais que correspondan.

9. Protección de datos persoais

10. Utilización de cookies

11. Código de Conduta e Sistema Interno de Información e Protección do Informante

Por unha banda, a finalidade do Código de Conduta é establecer os principios e valores de ética, integridade, legalidade e transparencia de Aena, S.M.E., S.A. que debe orientar a conduta de todas as persoas incluídas no ámbito de aplicación do mesmo, entre elas e nas súas relacións cos clientes, socios, provedores e, en xeral, con todas aquelas persoas e entidades, públicas e privadas, coas que estean relacionadas no desenvolvemento da súa actividade profesional, promovendo tamén o cumprimento efectivo das normas que se aplican a todas estas actividades baixo o principio de tolerancia cero ante calquera tipo de comportamento ilícito.

Por outra banda, a Política do Sistema Interno de Información e Protección do Informante pon de manifesto o compromiso de Aena, S.M.E., S.A. con Cumprimento Normativo, ética e diálogo, promovendo unha cultura de escoita activa cos seus grupos de interese, tanto internos como externos. A política ten por obxecto garantir a protección dos denunciantes fronte a posibles represalias e facer constar os principios xerais do Sistema Interno de Información e Protección do Denunciante, no que se integra a Canle de Denuncias, como mecanismo formal de comunicación, consulta ou denuncia de irregularidades. Esta Política compleméntase co Procedemento de Xestión Interna da Información e Protección do Informante e o Protocolo de Prohibición de Represalias de Aena.

Código de conduta. Sistema Interno de Información e Protección do Informante | Canle de reclamacións

12. Derecho aplicable y jurisdicción competente

El uso de los elementos de los Portales implica la aceptación de las advertencias legales aquí expresadas y, en especial, de que los conflictos relativos a este sitio se regirán exclusivamente por el Derecho español, siendo los Juzgados y Tribunales españoles los únicos competentes.

13. Modificación destas condicións e advertencias

Aena, S.M.E., S.A. resérvase o dereito de modificar as condicións e advertencias aplicables a estes sitios web.

14. Servizos específicos

  1. Información de voos

    A información de voos contida nesta web é a máis actualizada da que se dispón. Está baseada nos datos confirmados de operación e as estimacións proporcionadas a Aena, S.M.E., S.A. polas compañías aéreas.

    Aena, S.M.E., S.A. realiza os máximos esforzos para asegurar a súa fiabilidade e actualización inmediata. Non obstante, se desexa máis información dun voo en particular, consulte coa compañía aérea.

    Para información sobre as horas de facturación e o tempo de antelación á hora programada de saída, recomendámoslle que consulte coa liña aérea que opera o voo.

    Se é vostede pasaxeiro ou acompañante e consulta a web antes de dirixirse ao aeroporto, teña en conta que a información de voos se actualiza en tempo real e que pode variar durante o seu desprazamento. Por favor, consulte coa súa compañía aérea para confirmar estes datos.

    Teña en conta tamén que todas as horas que se amosan son horas locais.

    Aena, S.M.E., S.A. non se fai responsable dos danos ou perdas derivados, directa ou indirectamente, do uso da información de voos deste sitio web.

  2. Contratación de Provedores e Contratación Comercial

    Aena, S.M.E., S.A. proporciónalle ao público en xeral, no seu sitio web, información sobre as licitacións en curso, así como as actuacións en materia de contratación.

    Todos os datos, documentos e informacións contidas teñen un carácter simplemente informativo. Só os textos publicados no Boletín Oficial do Estado, Diario Oficial das Comunidades Europeas e outros medios de comunicación se consideran auténticos.

    Aena, S.M.E., S.A. non asume ningunha responsabilidade polas accións que poidan levar a cabo os particulares sobre a base da información contida nestas páxinas.

  3. Aena emprego

    Aena, S.M.E., S.A. proporciona, no seu sitio web, a posibilidade de coñecer e participar nas convocatorias de emprego de Aena, S.M.E., S.A., así como información sobre as ocupacións que se desempeñan en Aena, S.M.E., S.A.

  4. Aena Club

    Aena Club é un programa de fidelización de Aena, S.M.E., S.A. cuxo principal obxectivo é premiar a fidelidade dos usuarios que fan un uso frecuente dos servizos que ofrece Aena nos aeroportos (parking, servizos VIP, comercios, etc.).

    Aena Club é un programa de fidelización de Aena, S.M.E., S.A. cuxo principal obxectivo é premiar a fidelidade dos usuarios que fan un uso frecuente dos servizos que ofrece Aena nos aeroportos (parking, servizos VIP, comercios, etc.).

    Termos e condicións | Aena Club | Aena

  5. Servizos VIP

    Aena, S.M.E., S.A. ofrece os seguintes servizos VIP.

    Salas VIP destinadas a mellorar a experiencia de viaxes dos pasaxeiros antes de que comecen. Co devandito propósito ofrécese información de voos e cátering, prensa e revistas, TV, Internet e Wifi Premium, así como a posta a disposición de salas de reunións e áreas de descanso. Actualmente atópanse abertas as seguintes salas: sala do Aeroporto de A Coruña; sala Cibeles, Puerta de Alcalá, Plaza Mayor, Neptuno e Puerta del Sol do Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas; sala Costa Blanca do Aeroporto de Alacante-Elche Miguel Hernández; sala do Aeroporto de Bilbao; sala Guacimeta do Aeroporto César Manrique-Lanzarote; sala Jable do Aeroporto de Fuerteventura; sala Galdós do Aeroporto de Gran Canaria; sala Cap des Falcó do Aeroporto de Ibiza; sala Canudas, Colomer, Joan Miró e Pau Casals do Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona-El Prat; sala do Aeroporto de Málaga-Costa del Sol; sala Tramuntana do Aeroporto de Menorca; sala Formentor, Mediterráneo, Llevant e Valldemossa do Aeroporto de Palma de Mallorca; sala do Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, a Azahar do Aeroporto de Sevilla; sala Nivaria do Aeroporto de Tenerife Norte-Ciudad de La Laguna; sala Montaña Roja do Aeroporto Tenerife Sur; sala Joan Olivert do Aeroporto de Valencia; e sala do Aeroporto de Vigo.

    Condicións de compra de accesos e normas de uso das salas VIP de Aena

    Termos e condicións - Salas VIP

    Meet & Assist é un servizo exclusivo de benvida e acompañamento na saída, chegada ou tránsito do pasaxeiro. Ofrece asistencia na facturación de equipaxe e nos controis de inmigración e alfándegas; filtro preferencia para os controis de seguridade (Fast Lane); estancias en salas VIP; asistencia na recollida de equipaxes, conexións de voos e nos servizos de transfer e transporte. A venda de servizos Meet & Assist atópase dispoñible nos aeroportos Adolfo Suárez Madrid-Barajas, Alacante-Elche Miguel Hernández, Josep Tarradellas Barcelona-El Prat, Málaga-Costa do Sol, Palma de Mallorca, Gran Canaria, Tenerife Sur e Valencia.

    Normas de uso do servizo Meet & Assist

    Condicións de compra do servizo Meet & Assist

    Termos e condicións - Meet & Assist

    Fast Lane/Fast track é un servizo que proporciona acceso preferente no control de seguridade, reducindo o tempo de embarque dos usuarios. Realízase mediante un único acceso por compra, válido durante 7 días dende a compra. Os aeroportos nos que se atopa dispoñible este servizo son Aeroporto de A Coruña, Adolfo Suárez Madrid-Barajas, Alacante-Elche Miguel Hernández, Josep Tarradellas Barcelona-El Prat, Málaga-Costa do Sol, Palma de Mallorca, Gran Canaria, Sevilla, Tenerife Sur e Valencia.

    Condicións de compra de accesos e normas de uso de acceso preferentes "Fast Lane - Fast Track" aos filtros de seguridade

    Termos e condicións - Fast Track

    Servizos Premium é o xeito máis exclusivo de viaxar dende o aeroporto. Un servizo para pasaxeiros que buscan axilidade, privacidade e tranquilidade e que se compón de servizos de benvida e acompañamento, traslado privado, sala Premium, check-in en sala e realización do control de seguridade e pasaportes por un filtro privado e exclusivo. Outros servizos adicionais son os relativos ao aparcadoiro, duchas, salas de reunións e acompañamento en xestións tax free. O Servizo Premium está dispoñible nos aeroportos de Adolfo Suárez Madrid-Barajas, Josep Tarradellas Barcelona-El Prat, Málaga-Costa do Sol e Palma de Mallorca.

  6. Aena Parking

    Aena, S.M.E., S.A., atendendo ás necesidades de comodidade dos usuarios nas súas instalacións, ofrece servizo de reserva de praza de estancia nos aparcadoiros da rede de Aena, S.M.E., S.A., a través da páxina web destinada para tal efecto.

    Termos e condicións - Aena Parking

  7. Aena Market (Food to Fly, Shop to Fly, Aena Travel)

    Mediante Food to Fly o usuario poderá realizar pedidos («Pedidos») de comida («Produtos») aos puntos de restauración («Restaurantes») que ofrecen o servizo de comida para recoller no propio restaurante e que aparecen na Páxina Web de Foodtofly («Servizo»). O contrato para a adquisición e compra de Produtos é entre o usuario e o Restaurante. Food to fly, en todos os casos, concluirá a venda dos Produtos en nome de, e como arrendatario dos Restaurantes exclusivamente.

    Termos e Condicións - Food To Fly

    Mediante Shop to Fly o usuario poderá realizar pedidos («Pedidos») de produtos/servizos («Produtos») aos puntos de venda («Tendas») que ofrecen o servizo de «Reserve & Collect» (R&C) ou «Click & Collect» (C&C) e que aparecen na Páxina Web de Shop to Fly («Servizo»). Para levar a cabo a devandita operativa, o usuario recibirá en nome de Shop to Fly ao enderezo de correo electrónico facilitado, distintas comunicacións para informalo, entre outros, do estado do seu pedido. O contrato vinculante para a reserva e compra de Produtos é entre o usuario e a Tenda na que se realiza o seu Pedido. Shop to Fly, en todos os casos, concluirá a venda dos Produtos en nome de, e como arrendatario das Tendas exclusivamente.

    Termos e condicións - Shop to Fly

    Mediante Aena Travel o usuario poderá realizar pedidos («Pedidos») asociados a servizos de distintas categorías relacionadas con Travel e Turismo a través de distintos partners cos cales, a través do noso acordo con TELEFÓNICA SOLUCIONES DE INFORMÁTICA Y COMUNICACIONES DE ESPAÑA, S.A.U, pode acceder a información sobre diversos servizos de viaxe que poden ser de interese do usuario, entre eles: reservas de hoteis, compra de voos, actividades turísticas, compra de entradas... todas elas comunicadas a través do Sitio Web («Servizo»). O contrato vinculante para a adquisición e compra desta tipoloxía de servizos realízase entre o usuario e o partner co que se realice o seu Pedido, xerándose a finalización da venda dos Produtos / servizos exclusivamente a través de cada un dos partners. Este contrato formalizarase acorde ao procedemento establecido polo propio partner.

    Termos e Condicións - Aena Travel