Presentación
O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro está situado a uns dez quilómetros ao nordés da cidade, nos termos municipais de Santiago de Compostela, O Pino e Boqueixón, provincia de A Coruña.
En outubro de 2011, o Ministerio de Fomento, a través de Aena, puxo en servizo unha nova infraestrutura que multiplica a capacidade, a operatividade e mellora a calidade dos servizos do aeroporto. A nova terminal, o novo aparcamento, os novos viais e accesos, xunto á ampliación da plataforma de estacionamento de aeronaves, a nova central eléctrica e a nova torre de control permiten atender 4 millóns de pasaxeiros coas máximas garantías de seguridade, calidade e servizo.
No ano 2020, o aeroporto rexistrou un total de 935.394 pasaxeiros, 10.949 movementos de aeronaves e 2.981 toneladas de mercadorías.
Ano | Pasaxeiros | Ano | Pasaxeiros |
---|---|---|---|
2011 | 2.464.330 | 2016 | 2.511.494 |
2012 | 2.194.611 | 2017 | 2.645.362 |
2013 | 2.073.147 | 2018 | 2.726.457 |
2014 | 2.084.203 | 2019 | 2.904.102 |
2015 | 2.296.409 | 2020 | 935.394 |
Accesos por estrada
Coa axuda de
Planos do aeroporto