Ambiente

En liña coa política de calidade e ambiental de Aena, o aeroporto da Coruña, consciente de que as actividades aeroportuarias poden ter un impacto no ambiente, implantaron un sistema de xestión ambiental que lles permitiu a consecución da ISO 14001 o 20 de xuño de 2001, de xeito que se converteu no terceiro aeroporto español en posuír esta certificación.

A política ambiental do aeroporto desenvolvida a través dun sistema de xestión ambiental pretende previr a contaminación xerada polas actividades, polos produtos e servizos do aeroporto. Ademais, estúdanse e promóvense todas as medidas necesarias para minimizar outros impactos xerados por axentes externos. Co fin de concienciar a empregados, contratistas e concesionarios do aeroporto, esta política ambiental comunícase mediante programas de sensibilización e formación ambiental.