Persoas con discapacidade auditiva


Aena conta cunha liña de información e atención telefónica para pasaxeiros con discapacidade auditiva e/ou da fala.

Este servizo permite ao usuario con discapacidade contactar co Servizo de Información e Atención Telefónica dende o seu teléfono móbil, en modo texto e en tempo real, e sen necesidade doutras persoas que actúen como intermediarios.

As persoas interesadas poden acceder ás instrucións para descargarse no seu teléfono móbil, de xeito gratuíto, o soporte lóxico necesario para utilizar este servizo. A partir dese momento poderán chamar aos números de teléfono 902 404 704 / (+34) 913 211 000, para realizar calquera consulta e/ou realizar unha solicitude de asistencia nos aeroportos españois.

O servizo está operativo de 07:00 a 24:00, todos os días do ano.

Acceso a instrucións (ToMobile de Telesor)