A compra de accesos é válida para a sala vip do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro. Data fin validez da compra: seis meses dende a data de compra.

O tempo máximo de permanencia programada en calquera das nosas salas vip será de catro (4) horas, inmediatamente anteriores á hora programada de saída do voo que figure na tarxeta de embarque dos usuarios que accedan á sala. No caso de que se produzan demoras na saída dos voos, este prazo poderá ser ampliado pola duración do correspondente atraso.