O tempo máximo de permanencia programada na sala vip será de catro (4) horas, inmediatamente anteriores á hora programada de saída do voo que figure na tarxeta de embarque dos usuarios que accedan á sala. No caso de que se produzan demoras na saída dos voos, este prazo poderá ser ampliado pola duración do correspondente atraso.

Acceso gratuíto para titulares de billetes business de compañías e tarxetas club asociadas.

O resto de pasaxeiros pode acceder tras o pagamento, en efectivo ou con tarxeta, da tarifa correspondente.

Tarifas no mostrador

· Adultos (dende 11 anos): 34,90 €

· Nenos de 6 a 10 anos: 16,05 €

· Nenos de 0 a 5 anos: entrada libre.

Prezos con IVE incluído.