Visitas culturais

O aeroporto de Vigo conta co programa Coñece + o teu aeroporto, que achega os estudantes de Primaria e Secundaria de Vigo e a súa bisbarra ás actividades que se desenvolven no aeroporto, tanto nos puntos estratéxicos do percorrido dun pasaxeiro coma en dependencias menos coñecidas polos usuarios, como os servizos de Control de Fauna ou de Extinción de Incendios.

As visitas realízanse todos os venres do calendario escolar cunha duración de dúas horas, durante as cales os estudantes coñecen o labor dos distintos colectivos que traballan no aeroporto e que garanten a operatividade e seguridade de Peinador e o valor estratéxico como dinamizador económico e social que ten un aeroporto na súa zona de influencia.

Os colexios interesados en visitar o aeroporto poden dirixirse á secretaría do aeroporto (srosendo@aena.es) para concertar unha visita dentro do programa Coñece + o teu aeroporto.