Transporte público

Autobuses interurbanos
Autobuses interurbanos

L9A: Praza Eugenio Fadrique - Aeroporto

Liña que cobre, de luns a venres, o traxecto entre o aeroporto e praza Eugenio Fadrique; e sábados, domingos e festivos, ata García Barbón, 7. Esta liña conecta sen necesidade de transbordo coa estación marítima.

Paradas no aeroporto
Tarifas

Tarifa ordinaria: 1,32 €.

Horario

De luns a venres, dende o aeroporto ás 5.55, 6.25 e 7.07 h. e de 7.30 a 22.30 cada 30 minutos (última saída ás 23.07). Sábados, 6.40, 7.30 e de 8.00 a 22.00 cada 30 minutos; as últimas saídas, ás 22.30 e 23.07 circulan ata praza Eugenio Fadrique. Domingos e festivos, de 9.30 a 14.30 cada 60 minutos, e de 15.00 a 23.00 cada media hora, circulando as dúas últimas frecuencias, ás 22.30 e 23.07, ata praza de Eugenio Fadrique.

Enlaces de interese