Presentación

O aeroporto Vigo atópase situado nos termos municipais de Mos, Redondela e Vigo, a nove quilómetros do centro urbano de Vigo e a 28 da cidade de Pontevedra.

Co fin de dotalo dun significativo aumento da capacidade aeroportuaria e de actualizalo con novos criterios de seguridade, Aena inaugurou en 2014 a ampliación e completa remodelación do Edificio Terminal. Anteriormente, en 2011, púxose en funcionamento o novo aparcadoiro de vehículos. A renovación e modernización do aeroporto de Vigo inclúe outros investimentos, como as actuacións no campo de voos.

No ano 2015, o aeroporto de Vigo xestionou 713.567 pasaxeiros, 9.580 movementos de aeronaves e 536 toneladas de carga.

EVOLUCIÓN DO TRÁFICO DE PASAXEIROS
Ano Pasaxeiros Ano Pasaxeiros
2006 1.188.046 2011 976.152
2007 1.405.968 2012 828.725
2008 1.278.762 2013 678.720
2009 1.103.285 2014 680.387
2010 1.093.576 2015 713.567