Persoas con mobilidade reducida

Un servizo gratuíto de asistencia aos pasaxeiros con mobilidade reducida. Solicite asistencia para que á súa chegada ao aeroporto todo estea disposto para iniciar a súa viaxe.

Solicitude de asistencia

Solicite na nosa web o servizo de asistencia a persoas con mobilidade reducida, polo menos con 48 horas de antelación.

Lembre que sempre deberá comunicar as súas necesidades á súa compañía aérea para asegurar a súa praza no avión.

Aena pon tamén á súa disposición un servizo telefónico que atenderá as súas necesidades de mobilidade reducida as 24 horas do día.

Teléfono 902 404 704 / (+34) 91 321 10 00.

> Persoas con discapacidade auditiva

solicitar asistencia

    Puntos de encontro

    O aeroporto da Vigo conta con puntos de encontro asociados ao servizo de axuda a persoas con mobilidade reducida.

      Información xeral

      En cumprimento do Regulamento (CE) 1107/2006 do Parlamento Europeo, ponse en marcha a partir do 26 de xullo de 2008 en todos os aeroportos europeos un servizo de atención aos pasaxeiros con mobilidade reducida.

      Esta medida comunitaria supón un grande avance social para as persoas con discapacidade e, por esta razón, dispuxéronse todos os recursos económicos, materiais e humanos necesarios para facer posible que en todos os aeroportos españois se preste un servizo de calidade que garanta que todas as persoas poidan gozar do transporte aéreo entre calquera punto da xeografía europea, sexa cal sexa a súa discapacidade.