A Coruña é unha cidade para gozar: praias en pleno centro, museos como a Domus-Casa do Home, excelentes mariscos e a Torre de Hércules, o faro romano situado no último confín de Europa. E, ao seu arredor, o litoral máis bravo do planeta, montes de exuberante verdor e Santiago de Compostela.