Ambiente

En liña coa Política de Calidade e Ambiental de Aena, o aeroporto de Vigo, consciente de que as actividades aeroportuarias poden ter un impacto no medio, esta implantou un sistema de xestión ambiental ISO 14001, que permite que a actividade aeroportuaria cumpra cos requisitos da normativa sobre protección da natureza.

O aeroporto procura, así pois, minimizar, en cada unha das súas actuacións a repercusión sobre o ambiente e acadar un equilibrio harmónico entre desenvolvemento do transporte aéreo e respecto á natureza. Emprende, así mesmo, campañas de formación e sensibilización para involucrar ao persoal do aeroporto, ás empresas que desenvolven nel as súas actividades e aos propios usuarios no respecto da natureza.