Transporte público

Autobuses interurbanos
Autobuses interurbanos

Aeroporto - Santiago

Liña que une o aeroporto coa praza de Galicia de Santiago e con parada en diferentes puntos da cidade (Pazo de Congresos, Capela San Lázaro, estación de autobuses, estación de ferrocarril ou Rúa da Rosa, entre outros).

Paradas no aeroporto
Teléfono
  • Teléfono: 981 588 111
Tarifas

Ida: 3,00 €.

Ida e volta: 5,10 €.

Horario

Dende o aeroporto, de 07.00 a 01.00 h, saídas cada media hora. Dende Santiago, de 06.00 a 00.00 h, saídas cada media hora.

Os horarios e tarifas poden variar. Recomendamos consultar a web ou chamar ao teléfono de información da compañía.

Enlaces de interese

Aeroporto - Lugo

Liña Santiago-Lugo, que une o aeroporto coa cidade de Lugoo e parada nas poboacións de Arca, Ferreiros, Arzúa, Mélida, Palas de Rei e Guntín.

Paradas no aeroporto
Teléfono
  • Teléfono: 981 588 111
Tarifas

9,15 euros.

Horario

Dende o aeroporto, saídas ás 7.10 (diario), 9.25 (de luns a venres laborables), 11.10 (diario), 12.55 (de luns a sábado), 16.10 (diario), 18.40 (diario), 20.10 (diario agás sábados) e 21.10 h (venres lectivos de outubro a xuño). Dende Lugo, ás 7.00 (diario), 9.30 (de luns a venres laborables), 11.00 (diario), 13.15 (de luns a venres laborables), 14.30 (diario), 17.00 (diario) e 19.30 (diario agás sábados).

Os horarios e tarifas poden variar. Recomendamos consultar a web ou chamar ao teléfono de información da compañía.

Enlaces de interese

Aeroporto - Sobrado

Liña Santiago-Sobrado, que une o aeroporto coa localidade de Sobrado e parada nas poboacións de Arca, Arzúa e Boimorto.

Paradas no aeroporto
Teléfono
  • Teléfono: 981 563 238
Horario

Dende o aeroporto, saídas de luns a venres ás 18.10 h.

Os horarios poden variar. Recomendamos consultar a web ou chamar ao teléfono de información da compañía.

Enlaces de interese

Aeroporto - A Coruña

Liña que une o aeroporto de Santiago co Hotel Atlántico da Coruña (Xardíns Méndez Nuñez, s/n).

Paradas no aeroporto
Teléfono
  • Teléfono: 981 257 082
Tarifas

7,55 euros.

Horario

De luns a venres, dende o aeroporto, ás 10.00 e 19.30 h; dende A Coruña, ás 6.15 e 18.30 h. Sábados, domingos e festivos, dende o aeroporto ás 19.30 h e dende Coruña ás 18.30 h. Non se presta servizo os días 25 de decembro e 1 de xaneiro.

Os horarios e tarifas poden variar. Recomendamos consultar a web ou chamar ao teléfono de información da compañía.

Aeroporto - Burela

Liña Santiago-Burela coa que se pode chegar ata Curtis, Vilalba, Mondoñedo, Foz, Ribadeo ou Viveiro.

Paradas no aeroporto
Teléfono
  • Teléfono: 981 311 213
Horario

Dende o aeroporto, saídas ás 11.15 (sábados laborables, agás Ribadeo), 14.45 (de luns a venres laborables), 17.35 (de luns a venres laborables, só Curtis) e 19.15 h (de luns a venres laborables).

Os horarios poden variar. Recomendamos consultar a web ou chamar ao teléfono de información da compañía.

Enlaces de interese