Obxectos perdidos

Se perdiches os teus obxectos persoais a bordo dunha aeronave, debes poñerte en contacto coa túa compañía aérea.

Se perdiches os teus obxectos persoais no aeroporto, sigue os seguintes pasos.

Obxectos perdidos
Obxectos perdidos

Instrucións para recuperar os teus obxectos perdidos no aeroporto:

  1. Envíanos un formulario por correo electrónico: enche o formulario adxunto describindo as túas pertenzas, data, número de voo, información de contacto etc. e envíao ao correo scqobjetosperdidos@aena.es. Sé tan preciso como sexa posible. A información facilitada debe ser suficiente para identificar inequivocamente o teu obxecto. Se é posible, achega fotografía do obxecto.

    Formulario de reclamación de obxectos perdidos (pdf, 400.91 kB)

    No caso de non poder realizar a solicitude mediante o formulario, debes enviar un correo electrónico a scqobjetosperdidos@aena.es, indicando como mínimo:

    • Nome, enderezo e número de teléfono da persoa que reclama o obxecto.
    • Data e lugar onde o propietario do obxecto é consciente que viu por última vez a súa pertenza, ou onde considera que a extraviou.
    • No correo electrónico hai que achegar a seguinte documentación:
      • Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte do propietario do obxecto (obrigatorio)
      • Fotografía do artigo, tícket de compra etc. (opcional)
  2. Se non podes recoller ti mesmo o obxecto, tes a posibilidade de autorizar outra persoa para que o recolla no teu nome. No propio formulario, indica como proceder. Se o realizas a través de correo electrónico, deberás indicar neste:
    • O nome e apelidos da persoa que recollerá o obxecto (obrigatorio)
    • DNI, NIE ou pasaporte da persoa que recollerá o obxecto (obrigatorio)

    Esta autorización tamén se poderá realizar por carta, que deberá portar consigo o autorizado.

  3. Confirmación: en caso de que os teus obxectos sexan entregados a esta oficina, poñerémonos en contacto contigo por correo electrónico, facilitándoche o seu número de rexistro, así como información sobre a forma e documentación necesaria para recollelo (ben en persoa ou autorizando un terceiro).

    Responderemos á túa solicitude de busca do obxecto perdido nun máximo de tres días laborables a partir da súa recepción.

  4. Recollida: é necesario achegar unha proba da identidade do propietario (DNI, NIE ou pasaporte) e unha autorización, (formulario, correo electrónico ou carta), en caso de que a persoa que retire o obxecto non sexa a propietaria.
  5. Ten en conta: o noso servizo de obxectos perdidos é gratuíto, polo que non se realizan envíos. Se non podes acudir ao aeroporto, recomendámosche contactar cun servizo de mensaxería para que che fagan chegar o teu obxecto. Para estes efectos, dispoñemos no propio aeroporto de estafeta de Correos, con que podes contactar no seguinte enderezo: aeropuerto_santiago.acoruna@correos.com ou chamando o teléfono 881 039 003.

    Recorda que, se seleccionas este método de envío, deberás autorizar o persoal do servizo de mensaxería para que recollan o obxecto no teu nome, seguindo as instrucións descritas no punto 2.

  • Horario: Días laborables, de 8.00 a 14.00 h.