Historia

En outubro de 1932, un grupo de afeccionados á aeronáutica decide constituír en Santiago de Compostela un aeroclub. O 28 de decembro noméase a primeira xunta directiva que dous anos máis tarde selecciona os terreos para a instalación dun aeródromo na zona denominada Cruceiro Bonito, no municipio de Lavacolla.

As primeiras obras, a principios do 1935, supoñen a explanación e compactación de tres zonas de aterraxe, formando un triángulo de pistas de dimensións 1100 por 200 metros, 950 por 150 metros e 600 por 125 metros.

A pesar do carácter militar que adquire o aeródromo de Lavacolla ao iniciarse a guerra civil, en febreiro do 1937 créase o Patronato do Aeroporto, que asume o compromiso de fomentar o establecemento dunha liña aérea na cidade. Os servicios comerciais regulares inícianse o 27 de setembro do 1937, coa liña aérea Santiago-Salamanca-Valladolid-Zaragoza.

A apertura provisional ao tráfico civil nacional e internacional e de escalas técnicas de tráfico comercial prodúcese o 30 de xuño do 1947. Un sinxelo barracón de madeira serve aos viaxeiros de protección contra as inclemencias do tempo.

No verán de 1948, inícianse as obras de asfaltado da pista norte-sur. A pista de rodadura e o estacionamento constrúense entre 1953 e 1954, ao tempo que se levanta un centro de emisores e se instala un radiofaro omnidireccional para a mellora das axudas á navegación.

En 1958, ponse en servizo o balizamento do aeroporto e instálase un localizador portátil de ILS na cabeceira 35 e unha radiobaliza na 17. A central eléctrica constrúese na primavera dese ano. En 1961 instálase un equipo VOR.

No trienio 1964-1967, realízase a ampliación da pista 36/18, instálase un ILS, constrúese o parque contra incendios, mellórase e amplíase a rúa de rodaxe e o estacionamento e constrúese unha nova torre de control e un novo edificio terminal de pasaxeiros.

En 1981, constrúese un terminal de carga, ampliado dous anos despois. En 1982 establécese o servizo de alfándegas para o despacho de viaxeiros e equipaxes, que máis tarde se amplía ás mercadorías de exportación e importación.

O terminal de pasaxeiros, construído en 1969, ampliouse en varias ocasións. En 1993, dotóuselle así mesmo dun ILS Cat II/III co que se permite co que operar aos avións en condicións de baixa visibilidade e reducir así significativamente os desvíos e cancelacións producidos por condicións meteorolóxicas adversas (néboa e nubes baixas).

Dispón o aeroporto dunha pista de voos e dunha plataforma de aeronaves dotada dunha zona específica para aviación xeral.

Se desexa máis información, pode adquirir a obra de Luis Utrilla, Historia del Aeropuerto de Santiago de Compostela.