Correos e telégrafos

Oficinas e caixas de correos para correos e outros procedementos postais de última hora.

Correos
Oficinas de correos

O aeroporto conta con dúas oficinas de correos, situadas nas zonas de saídas e de chegadas.

A oficina de Saídas está entre os mostradores de facturación e os filtros de seguridade. Ofrece servizo de envíos de paquetes e equipaxes, maletas, bastóns de peregrinos, bicicletas, líquidos, etc., ademais de produtos e recordos do camiño de Santiago. A oficina tamén conta cunha caixa de correo “CITYPAQ”, un dispositivo que permite recoller paquetes e compras online as 24 horas do día.

A oficina de Chegadas está na beirarrúa exterior do edificio terminal, xunto á parada de autobuses. Nesta oficina, aténdense as necesidades dos peregrinos que aterran, que poden enviar as súas bicicletas e equipaxes ao punto onde comecen o Camiño, contratar o Paq. Mochila (servizo de transporte de equipaxes etapa en etapa) ou comprar algúns produtos necesarios para o camiño.

  • Horario: de 8:00 a 21:00 h