Presentación

O aeroporto de A Coruña está situado ao norte da provincia de A Coruña, no termo municipal de Culleredo, a uns 8 quilómetros de distancia do centro da capital.

Para adaptar o aeroporto de A Coruña á demanda futura do tráfico aéreo, están previstas ou xa en execución importantes actuacións, que permitirán dotalo de infraestruturas e instalacións con capacidade para atender aos pasaxeiros e aeronaves co mellor nivel de calidade e seguridade nos seus servizos.

En 2020 pasaron polo aeroporto 436.775 pasaxeiros, xestionáronse 11.190 operacións e movéronse 84,4 toneladas de carga.

EVOLUCIÓN DO TRÁFICO DE PASAXEIROS
Ano Pasaxeiros Ano Pasaxeiros
2011 1.012.800 2016 1.063.291
2012 845.451 2017 1.141.389
2013 839.837 2018 1.225.754
2014 989.153 2019 1.352.584
2015 1.025.688 2020 436.775