Chegadas

Compartir:

Chegadas ao aeroporto

A zona de chegadas encóntrase situada na planta baixa da terminal.

Ao desembarcar do avión, segue as indicacións para pasar o control de pasaportes e acceder á sala de recollida de equipaxes e á aduana.

Pasaportes e inmigración

Se o teu voo procede dun país non Schengen deberás pasar polo control de pasaportes. Podes obter máis información sobre os requisitos de entrada en España na páxina do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación Ventá nova.

Recollida de equipaxes

Unha vez na sala de recollida de equipaxes, se facturaches en orixe equipaxe, mira nas pantallas o número de fita asignado ao teu voo. O aeroporto dispón de tres fitas de recollida de equipaxes.

En caso de perda ou deterioración da equipaxe acode ao mostrador da compañía aérea ou do seu axente handling no aeroporto.

Aduana

O servizo de Aduanas do aeroporto encóntrase na sala de recollida de equipaxes (teléfono: 981 187 275).

Se procedes dun país que non é membro da UE terás que valorar se debes declarar os bens que transportas na túa equipaxe e pasar polo control de aduanas do aeroporto: alimentos, equipos electrónicos de alto valor, cantidades superiores a 10.000 €, etc. son algunhas dos produtos que debe declarar. En caso de dúbida, consulta no mesmo control de aduanas.

Tendas e restaurantes

Se desexas comer ou tomar algunha bebida, o aeroporto pon á túa disposición unha cafetaría no vestíbulo xeral. Así mesmo, se desexas realizar algunha compra dispós dunha multitenda na zona de saídas.

Servizos bancarios

Se necesitas sacar diñeiro, dispoñemos de caixeiros automáticos no vestíbulo xeral.

Alugueiro de coches

Necesitas alugar un coche? Diríxete aos mostradores das empresas de alugueiro de vehículos.