Aviso de responsabilidade

A información de voos contida nesta web é a máis actualizada da que se dispón. Está baseada nos datos confirmados de operación e as estimacións proporcionadas a Aena polas compañías aéreas.

Aena realiza os máximos esforzos para asegurar a súa fiabilidade e actualización inmediata. Non obstante, se desexa máis información dun voo en particular, consulte coa compañía aérea.

Para información sobre as horas de facturación e o tempo de antelación á hora programada de saída, recomendámoslle que consulte coa aeroliña que opera o voo.

Se é vostede pasaxeiro ou acompañante e consulta a web antes de dirixirse ao aeroporto, teña en conta que a información de voos se actualiza en tempo real e que pode variar durante o seu desprazamento. Por favor, consulte coa súa compañía aérea para confirmar estes datos.

Teña en conta tamén que todas as horas que se amosan son horas locais.

Aena non se fai responsable dos danos ou prexuízos derivados, directa ou indirectamente, do uso da información de voos desta web.