Aviso legal

CONDICIÓNS XERAIS DE UTILIZACIÓN DO SITIO WEB DE AENA AEROPORTOS S.A.

1. Obxecto

Aena Aeropuertos S.A. crea e actualiza o sitio identificado co nome de dominio www.aena-aeropuertos.es, co fin de que a información que contén sexa de uso público.

 

As presentes condicións xerais teñen por obxecto regular o acceso, a navegación e o uso deste sitio web, pero independentemente destas, Aena Aeropuertos S.A. poderá estabelecer unhas condicións particulares que regulen a utilización e/ou contratación de servizos específicos ofrecidos a través deste. No caso de existir discrepancia sobre o estipulado entre as condicións xerais e as condicións particulares dun determinado servizo, prevalecerá o disposto nestas últimas.

Datos de contacto de Aena Aeropuertos S.A.:
Enderezo: Arturo Soria, 109. 28043, Madrid.
CIF: A86212420
Teléfono de contacto: 902 404 704
Correo electrónico de contacto: webpublica@aena.es

Aena Aeropuertos S.A. está inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 28 806, folio 211, sección 8, folla M-518648.

2. Ámbito de aplicación

O presente aviso legal regula o uso do servizo do portal de Internet www.aena-aeropuertos.es que Aena Aeropuertos S.A. pon a disposición dos usuarios de internet.

Aena Aeropuertos S.A. ten personalidade xurídica propia e diferenciada da do Estado, plena capacidade xurídica e de obrar para o cumprimento dos seus fins, e patrimonio propio.

3. Exclusión de responsabilidade

Aena Aeropuertos S.A. realiza os máximos esforzos para evitar calquera erro nos contidos que puidesen aparecer neste sitio web.

Aena Aeropuertos S.A. non garante a exactitude nin a posta ao día da información que se poida obter deste, a cal poderá ser modificada sen aviso previo.

Aena Aeropuertos S.A. non asume ningunha responsabilidade derivada do uso por terceiros do contido deste sitio.

Todas as informacións contidas (cítanse a título de exemplo, e sen ánimo exhaustivo, as relativas a horarios de voos, licitacións, planos, ofertas de emprego, etc.) teñen unicamente carácter informativo. A información que se ofrece non é necesariamente exhaustiva, completa, exacta ou actualizada. No caso de licitacións e textos legais non se garante a reprodución exacta do texto adoptado oficialmente. Unicamente se consideran auténticos os textos publicados nas edicións impresas dos boletíns oficiais correspondentes ou na prensa.

A información facilitada por Aena Aeropuertos S.A. é de carácter xeral e non supón asesoramento profesional ou xurídico ningún.

Aena Aeropuertos S.A. realizará os seus mellores esforzos para que o portal non sufra interrupcións, pero non pode garantir a ausencia de fallos tecnolóxicos, nin a permanente dispoñibilidade do portal e dos servizos contidos nel e, en consecuencia, non asume responsabilidade ningunha polos danos e prexuízos que poidan xerarse pola falta de dispoñibilidade e polos fallos no acceso ocasionados por desconexións, avarías, sobrecargas ou caídas da rede non imputábeis a Aena Aeropuertos S.A.

Aena Aeropuertos S.A. non garante a ausencia de virus ou outros elementos que poidan alterar o seu sistema informático. Aena Aeropuertos S.A. exclúe calquera responsabilidade por danos e prexuízos de calquera natureza derivados dos devanditos virus ou elementos lesivos.

4. Subscrición de servizos

Con carácter xeral o acceso ás utilidades do sitio web non esixe subscrición previa ou rexistro de usuario. Non obstante o anterior, o acceso a algún dos servizos que se ofrezan a través do sitio web, pode estar condicionado a completar con antelación o formulario de subscrición. Para estes efectos o usuario garante a autenticidade e veracidade de todos aqueles datos que comunique ao completar o/os formulario/s de subscrición. O usuario comprométese e responsabilízase de manter toda a información facilitada de forma que responda, en cada momento, á súa situación real.

Se como consecuencia do rexistro, se dotase ao usuario dun contrasinal, este comprométese a facer un uso dilixente e a manter en segredo o contrasinal para acceder a estes servizos. En consecuencia, os usuarios son responsábeis da axeitada custodia e confidencialidade de calquera identificador e/ou contrasinal que lle sexa subministrado por Aena Aeropuertos S.A., e comprométense a non ceder o seu uso a terceiros, xa sexa temporal ou permanente, nin a permitir o seu acceso a persoas alleas. Será responsabilidade do usuario a utilización ilícita dos servizos por calquera terceiro ilexítimo que empregue para tal efecto un contrasinal a causa dunha utilización non dilixente ou da perda deste polo usuario.

5. Protección de datos persoais

Para acceder a algún dos servizos ofrecidos a través do sitio web, o usuario deberá proporcionar previamente algúns datos de carácter persoal.

De conformidade co estabelecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informamos que os datos persoais serán incorporados a un ficheiro titularidade de Aena Aeropuertos S.A. cuxa finalidade é posibilitar o acceso aos servizos ofrecidos polo sitio web de Aena Aeropuertos S.A.

O usuario responsabilízase da veracidade e exactitude dos datos persoais comunicados e autoriza a súa recollida e tratamento para esta finalidade. No suposto de producirse algunha modificación nos seus datos, Aena Aeropuertos S.A. prégalles aos usuarios que o comuniquen co fin de mantelos actualizados.

Aena Aeropuertos S.A., como responsábel do tratamento, adoptará as medidas, de índole técnica e organizativa, necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal que se acheguen, evitará a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

Aena Aeropuertos S.A. tratará estes datos conforme ás condicións determinadas neste apartado e con suxeición ao estabelecido nas condicións particulares do correspondente servizo.

Así mesmo, informamos que o usuario poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante Aena Aeropuertos S.A. na forma legalmente prevista, mediante solicitude á Oficina Central de Protección de Datos de Aena (OCPD), R/ Arturo Soria n.º 109, 28043 Madrid.

6. Dereitos de propiedade intelectual e industrial

© Aena Aeropuertos S.A., 2011.

Aena Aeropuertos S.A. é titular dos dereitos de propiedade intelectual e industrial deste sitio web, así como do seu contido.

Os textos, deseños, imaxes, bases de datos, logos, estrutura e demais elementos deste sitio están protexidos polas leis e os tratados internacionais sobre propiedade intelectual. Calquera reprodución, transmisión, adaptación, tradución, modificación, comunicación ao público, ou calquera outra explotación de todo ou parte do contido deste sitio, efectuada de calquera forma ou por calquera medio, electrónico, mecánico ou outro, están estritamente prohibidos salvo autorización previa por escrito de Aena Aeropuertos S.A. Calquera infracción destes dereitos pode dar lugar aos procedementos xudiciais que correspondan.

7. Vínculos ou enlaces hipertextuais co sitio web

Os usuarios ou os titulares doutros sitios web que pretendan crear un enlace de hipertexto (de aquí en diante link) ao sitio web, deberán asegurar e comprometerse ao respecto das regras de Aena Aeropuertos S.A. sobre enlaces na rede.

En calquera caso, a inclusión de vínculos ou enlaces ao sitio web por parte doutros sitios web non implica que Aena Aeropuertos S.A. manteña vínculos ou asociación de ningunha clase co titular da web na que se estabeleza o link, nin que Aena Aeropuertos S.A. promova, avale, garanta ou recomende os contidos dos devanditos portais ou sitios web.

Pola súa banda, o sitio web de Aena Aeropuertos S.A. pode conter vínculos ou enlaces con outros portais ou sitios web non xestionados por Aena Aeropuertos S.A. Aena Aeropuertos S.A. declina toda responsabilidade polas informacións contidas nos devanditos portais ou sitios web aos que se poida acceder por enlaces ou buscadores das páxinas web de Aena Aeropuertos S.A. A presenza de enlaces nas páxinas web de Aena Aeropuertos S.A. ten finalidade simplemente informativa.

8.

Aena Aeropuertos S.A. reserva o dereito a denegar discrecionalmente, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, o acceso de calquera usuario a este sitio web ou a algunha parte deste.

9. Dereito aplicábel e xurisdición competente

O uso dos elementos deste sitio implica a aceptación das advertencias legais aquí expresadas e, en especial, de que os conflictos relativos a este sitio se rexerán exclusivamente polo Dereito español, sendo os Xulgados e Tribunais españois os únicos competentes.

10. Modificación das presentes condicións e advertencias

Aena Aeropuertos S.A. reserva o dereito a modificar as condicións e advertencias aplicábeis a este sitio web.

11. Servizos específicos

  1. Información de voos

    A información de voos contida nesta web é a máis actualizada da que se dispón. Está baseada nos datos confirmados de operación e nas estimacións proporcionadas a Aena Aeropuertos S.A. polas compañías aéreas.

    Aena Aeropuertos S.A. realiza os máximos esforzos para asegurar a súa fiabilidade e actualización inmediata. Non obstante, se desexa máis información dun voo en particular, consulte coa compañía aérea.

    Para información sobre as horas de facturación e o tempo de antelación á hora programada de saída, recomendámoslle que consulte coa liña aérea que opera o voo.

    Se é vostede pasaxeiro ou acompañante e consulta a web antes de dirixirse ao aeroporto, teña en conta que a información de voos se actualiza en tempo real e que pode variar durante o seu desprazamento. Por favor, consulte coa súa compañía aérea para confirmar estes datos.

    Teña en conta así mesmo que todas as horas que se mostran son horas locais.

    Aena Aeropuertos S.A. non se fai responsábel dos danos ou prexuízos derivados, directa ou indirectamente, do uso da información de voos deste sitio web.

  2. Contratación de provedores e contratación comercial

    Aena Aeropuertos S.A. proporciona ao público en xeral, no seu sitio web, información sobre as licitacións en curso, así como as actuacións en materia de contratación.

    Todos os datos, documentos e informacións contidas teñen un carácter simplemente informativo. Só os textos publicados no Boletín Oficial do Estado, Diario Oficial das Comunidades Europeas e outros medios de comunicación se consideran auténticos.

    Aena Aeropuertos S.A. non asume responsabilidade ningunha polas accións que poidan levar a cabo os particulares sobre a base da información contida nestas páxinas.

  3. Aena Aeropuertos S.A. emprego

    Aena Aeropuertos S.A. proporciona, no seu sitio web, a posibilidade de coñecer e participar nas convocatorias de emprego de Aena Aeropuertos S.A., así como información sobre as ocupacións que se desempeñan en Aena Aeropuertos S.A.